InicioCentralBurelaPaqui Romo: "O encontro de palilleiras en Burela permitirá intercambiar técnicas de...

Paqui Romo: “O encontro de palilleiras en Burela permitirá intercambiar técnicas de encaixe”

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro de Palilleiras, un evento organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeras” que agarda recibir a centos de palilleiras para compartir arte e tradición.

Publicada o

- Advertisement -

-Como nace a Asociación As Encaixeiras?

Naceu en 2005 a partir dun grupo de amigas a quen lles gustaba o “bolillo” e uníronse para facelo. Eu daquela aínda non estaba no grupo de encaixe nin no mundo do “bolillo”, mais si é certo que foron un grupo de amigas en Burela.

-A idea de crear este encontro de palilleiras en Burela como nace?

Ese mesmo grupo que formou a Asociación comezaron a saír a encontros e gustoulles a idea de facer un aquí. Así temos unha maneira de intercambiar xeitos de embolillar e de encaixes e esta idea naceu doutra reunión.

-Este ano con cantas persoas contarán e onde o celebrarán?

Contamos contar cunhas 600 persoas. Reunirémonos na nave do porto cun horario de 10:30 da mañá até as 13:30 da tarde e de 16:00 a 19:00 coa intención de reunirnos e coñecer novas maneiras de palillar, transmitir distintas técnicas.

-Que se fai coas diferentes pezas creadas neste encontro?

A xente fai cada quen o seu labora, non creas unhas pezas neste encontro senón que é o teu traballo diario. O ano pasado impartimos un obradoiro impartido por Marisa Hermida que tivo moito éxito, con vinte prazas. Este ano repetiremos o obradoiro, crearase unha mimosa. O prazo de inscrición nada máis abriu xa se completaron as prazas dispoñibles. Esa si é unha creación que fas no día, a dunha mimosa.

-De onde vén a xente que parcipa neste encontro?

Vén xente de Asturias, Valencia, Cataluña ou Castela e León. Os que máis veñen son os máis próximos, Asturias ou León.

-Hoxe en día ten saída o traballo de palilleira?

No caso da nosa Asociación non traballamos para fóra, non comercializamos. Si hai outros lugares que comercializan.

-Este tipo de encontros permiten innovar dentro do encaixe?

Si, antes facíamos moito encaixe caracterizado por Camariñas. Hoxe en día ves outras técnicas que intentas aprendelas. Isto faise mediante intercambio indo a aulas ou encontros. Este ano teremos como novidade unha exposición de “mantillas”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...