InicioCentralBurelaRetiradas nove árbores por risco de caída en Burela

Retiradas nove árbores por risco de caída en Burela

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela retira nove árbores en risco de caída inminente na praza do Concello. Un informe técnico realizado sobre estes exemplares alerta do perigo existente para a integridade de persoas e bens públicos próximos aos mesmos.
O vento orixinado nos temporais recentes xa tirou varias especies próximas, polo que o informe aconsella actuar o antes posible sobre as nove árbores mencionadas.


O informe sinala así mesmo que as raíces destes exemplares de Alcipreste de Monterrey (Hesperocyparis macrocarpa) estaban a causar desperfectos ao seu redor, levantando o adoquinado e debilitando os muros e os bordos das rúas, co conseguinte risco de caídas e accidentes para as persoas transeúntes.


Ademais, as catro árbores situadas no noroeste da praza atópanse afectadas polo parasito fitóftora, que ocasiona entre outras a putrefacción das raíces, supoñendo deste xeito un perigo adicional.


A alcaldesa de Burela, Carmela López, lamenta “que se teñan que tallar estas árbores, pero axiña serán substituídas por novos exemplares”. “A presenza de vexetación é fundamental para unha vila como Burela e unha prioridade para o Goberno local”, engade.


Os exemplares retirados serán, a continuación substituídos, por especies de porte arbustivo, valorándose diferentes especies. “Axiña informaremos á veciñanza sobre o plantado das novas especies”, afirma a rexedora.

ÚLTIMAS

Eduardo Míguez: “A frota máis grande de Celeiro é a de Gran Sol con 30 barcos”

-Cantos barcos compoñen a día de hoxe a frota de Puerto de Celeiro e...

Sanidade Pública da Mariña reclama a restauración da antiga área sanitaria

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña e varios colectivos sociais e...

O BNG reclama en Viveiro á Xunta que “fortaleza” a Sanidade Pública

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, pediu ao PPdeG que "acabe coa situación" da...

O PSdeG critica ao PP por deixar a sanidade da Mariña “case en colapso”

A secretaria de organización do PSdeG e deputada no Parlamento galego, Lara Méndez, participou...