InicioCentralBurelaBurela acolle unha representación de 'Morte accidental dun anarquista'

Burela acolle unha representación de ‘Morte accidental dun anarquista’

O espectáculo, a cargo de Talía Teatro e dirixido por Cándido Pazo, terá lugar este venres, día 26 de abril, ás 21:00. Está dirixido a un público adulto. As entradas terán un prezo de 4€, e poderán ser adquiridas na propia Casa da Cultura a partir das 20:00 do día da representación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral ‘Morte accidental dun anarquista’, do dramaturgo italiano Dario Fo.


O espectáculo, a cargo de Talía Teatro e dirixido por Cándido Pazo, terá lugar este venres, día 26 de abril, ás 21:00. Está dirixido a un público adulto. As entradas terán un prezo de 4€, e poderán ser adquiridas na propia Casa da Cultura a partir das 20:00 do día da representación.


Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos levan a escena esta peza de 1970 que nos sitúa en Italia nun momento de gran inestabilidade social.


A obra “levaba tempo no noso ficheiro de posibles”, xa que “ben podería ser un retrato da actual situación do noso país”, sinalan dende Talía Teatro. “Trátase dun texto clásico cunha comicidade mordaz, absolutamente desbordante”, engaden.


“Cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade”, explican.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...