InicioCentralBurelaBurela realiza melloras na canceira municipal xestionada pola Asociación Bigotes

Burela realiza melloras na canceira municipal xestionada pola Asociación Bigotes

“O benestar animal está entre as nosas prioridades de Goberno”, sinala a alcaldesa de Burela, Carmela López

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela vén de realizar unha serie de melloras na canceira municipal, xestionada pola Asociación Asistencial Protectora de Animais Bigotes-Burela. A alcaldesa, Carmela López, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, visitaron as renovadas instalacións esta semana.


“O benestar animal está entre as nosas prioridades de Goberno”, sinala a alcaldesa de Burela, Carmela López, quen aproveitou a visita para agradecer “o labor das persoas que traballan na asociación Bigotes, con quen manteño unha comunicación fluída para estar ao día dos retos que supón este eido na nosa vila”.


O Goberno local impulsou a renovación deste espazo para facelo máis habitable e amigable, mellorando as condicións dos animais e tamén das persoas que traballan desinteresadamente nesta instalación. Concretamente, instaláronse casiñas prefabricadas, vallas para crear patios exteriores e renovouse o chan con formigón. “Os traballos para mellorar esta instalación eran urxentes, especialmente mentres a construción da nova canceira municipal está aínda en tramitación, tal e como marca a administración”, sinala Ramiro Fernández, concelleiro de Obras.


A alcaldesa de Burela enmarcou esta iniciativa nunha estratexia integral de protección e benestar animal no municipio, “que avalía as necesidades, involucra ás partes e inclúe actividades de sensibilización, todo isto co seu adecuado seguimento e cumprimento de obxectivos”. A isto súmanse outras medidas asumidas polo Goberno local, “como un plan de xestión ética de control de colonias felinas”.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...