InicioCentralBurelaRecupera a súa carteira extraviada con 1.040 euros grazas a un veciño...

Recupera a súa carteira extraviada con 1.040 euros grazas a un veciño de Burela que a entregou á Garda Civil

O afectado pediu contactar coa persoa que a atopou para poder agradecerllo.

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño do municipio lucense de Cervo recupera a súa carteira extraviada, con 1.040 euros en efectivo e diferente documentación persoal, grazas a un veciño de Burela que a entregou nas dependencias da Garda Civil. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon sobre as 20,00 horas do pasado mércores e o home comunicou aos axentes que atopara a carteira tirada no chan na rúa Rosalía de Castro.

Os axentes tras examinar a documentación persoal puideron localizar ao seu propietario e entregar os efectos perdidos. Así, ata que a Garda Civil contactou co propietario este descoñecía que non tiña a carteira no súa poder.

O propietario examinou o contido da carteira e manifestou que non lle faltaba nada. Acto seguido, pediu aos axentes a maneira de contactar con quen atopou a carteira para poder agradecer a súa honrada actuación e facer entrega dunha gratificación.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...