InicioCentralBurelaBurela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga Provincial de Lugo de Ximnasia Rítmica nos niveis Escolar, Promoción e Pre-base.


Trátase dunha das citas máis importantes da ximnasia na provincia de Lugo, e contará con preto de 600 ximnastas participantes. Terá lugar este domingo, día 21 de abril. O equipo local, a Escola Porta Norte, que conta cunhas 70 ximnastas en Burela, contará con participantes en todos os niveis da competición.


“Dende o Concello de Burela sempre apostamos polos eventos deportivos de nivel, como é o caso desta competición”, sinala a alcaldesa Carmela López. A rexedora quixo “dar todo o noso ánimo ás ximnastas da Escola Porta Norte, que de seguro lograrán excelentes resultados nesta cita”.


Pola mañá do domingo disputaranse as competicións do nivel Promoción nas modalidades de Conxuntos e Individuais e do nivel Escolar nas categorías Iniciación, Cadete e Senior. Pola tarde competirán o resto das categorías do nivel Escolar, a pre-benxamín, a benxamín e a alevín, e o nivel Pre-base.


As ximnastas participantes buscarán acadar as mellores puntuacións posibles para lograr pasar ao Campionato Galego na Segunda Fase da Liga Provincial, que terá lugar en Monforte de Lemos o día 11 de maio.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...