InicioCentralBurelaTributo a Tina Turner 'I´m Tina, the Rock Show Experience' en Burela

Tributo a Tina Turner ‘I´m Tina, the Rock Show Experience’ en Burela

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 4 de maio no Auditorio Municipal o espectáculo ‘I’m Tina: The Rock Show Experience’ en homenaxe á raíña do rock&roll, Tina Turner.


O evento terá lugar ás 21:00, con apertura de portas ás 20:30, e xa é posible adquirir entradas para o mesmo de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://cooltickets.es/events/i-m-tina-the-rock-show-experience-burela/sessions/04-05-2024-21-00-galicia


As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 20€ no anfiteatro e os 24 euros no patio de butacas, cantidades ás que se lle suman os gastos de xestión.


Este espectáculo nace en Tenerife da man da directora artística canaria Patricia González, Patty Baker, unha profesional do mundo da canción e o espectáculo que non dubidou en producir e interpretar a Tina Turner, amosando “toda a súa forza escénica arrolladora”.


‘I’m Tina: The Rock Show Experience’ percorre a traxectoria de Tina Turner, quen se consolidou como auténtica raíña do rock & roll despois de romper todas as barreiras.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...