InicioCentralBurelaBurela crea un espazo de participación cidadá na web municipal

Burela crea un espazo de participación cidadá na web municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela crea un espazo de participación cidadá na web municipal, onde o Goberno local fará enquisas para coñecer a opinión da veciñanza sobre diferentes cuestións.
Actualmente atópanse dispoñibles unha enquisa sobre paisaxismo en Burela e outra sobre actividades culturais e lúdicas dirixidas á mocidade, nas que os veciños e veciñas poden aportar suxerencias sobre estes temas e sinalar as súas inquedanzas.


Sobre a cuestión do paisaxismo, a alcaldesa Carmela López afirma que “para transformar Burela é preciso proxectar espazos desde o prisma do paisaxismo urbano, esa arte de recuperar a beleza da natureza”.


“É por iso que estamos a traballar cunha paisaxista, e para continuar coa participación cidadá, temos este novo formulario para coñecer as opinións dos nosos veciños e veciñas”, engade a rexedora.


“Dende a área de mocidade propoñemos a consulta pública dirixida á mocidade para coñecer as súas inquedanzas, as súas preferencias e o seu punto de vista sobre a oferta lúdica da que dispoñen en Burela”, explica pola súa banda o concelleiro Mario Pillado.


“Pensamos que nos vai dar unha información de moito valor sobre a xente moza”, engade o edil. “Nesta enquisa sobre actividades culturais e lúdicas dirixidas á mocidade tamén fixo a súa aportación o Grupo de Participación Adolescente, como non podia ser doutra maneira”, conclúe.


Pode accederse á enquisa sobre paisaxismo en Burela no enderezo electrónico https://burela.org/gl/participacion-cidada-consulta-publica-sobre-paisaxismo
Por outra banda, pódese acceder á outra enquisa dispoñible , sobre actividades culturais e lúdicas dirixidas á mocidade do municipio, no enderezo electrónico https://burela.org/gl/participacion-cidada-consulta-publica-a-mocidade

ÚLTIMAS

Anxo Martíns: “O irmandamento con Loktudi é un dos vinte que hai entre vilas galegas e bretoas”

-Como nace a este irmandamento entre Ribadeo e Loktudi na Bretaña francesa? En 2005, respondendo...

Iria Castro destaca o papel dos filántropos na presentación do Ribadeo Indiano

 A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde  acto inaugural do Ribadeo Indiano,...

Viveiro recoñecido como Concello Emprendedor pola Xunta

O Concello de Viveiro vén de recibir a declaración oficial como Concello Emprendedor, segundo...

O mercado de Foz será o venres 18 en vez do martes debido ás Festas do Carme

O Concello de Foz anuncia que a vindeira semana o tradicional mercado dos martes,...