InicioCentralBurelaA Asociación O Vencello de Burela denuncia o mal estado da igrexa...

A Asociación O Vencello de Burela denuncia o mal estado da igrexa da Vila do Medio

Publicada o

- Advertisement -

A asociación de veciños “O Vencello” de Burela denuncia nunha nota de prensa o mal estado de conservación no que se atopa a Igrexa da Vila do Medio.

Segundo a asociación, na pasada asemblea xeral varios dos asistentes comentaron que no ano 2016 uns obreiros enviados por Patrimonio foran picar a pedra e quedaran en volver para lucila: “A día de hoxe ninguén volveu por alí”.

Membros da asociación achegáronse á Igrexa e denuncian “o estado lamentable no que se atopan a meirande parte das súas paredes, con furados máis propios do valado dun monte que dos muros dun Patrimonio arquitectónico do noso concello. E que dicir das pinturas practicamente inexistentes”.

Ante isto, a asociación presentou un informe diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural onde explica a situación de deterioro que presenta este templo e a necesidade de que se acometan as obras de urxencia necesarias nel.

O informe tamén foi remitido este luns á Alcaldía e á Concellería de Cultura así coma aos partidos políticos con representación municipal. Aproveitaron este momento para pedir o apoio do pleno municipal para que se realicen os traballos de conservación pertinentes.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...