InicioCentralBurelaVisita do presidente de Cabo Verde a Burela

Visita do presidente de Cabo Verde a Burela

O presidente da República de Cabbo Verde, José María Pereira Neves, visitou a localidade de Burela nun acto que supón un achegamento entre o país africano e a localidade da Mariña. Pereira Neves estivo acompañado de autoridades, empresarios e tamén da comunidade caboverdiana da vila.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente caboverdiano José María Pereira Neves visita Burela por segunda vez, mais a anterior foi como primeiro ministro do seu país. Xa nos primeiros momentos do seu percorrido deixou claro que son moi fortes e moi importantes os lazos que unen o seu país con Burela.

Destacou primeiramente o vínculo marítimo reflectido na relación coa pesca entre os dous lugares. Así, se en Burela unha parte importante da comunidade de caboverdianos traballa no sector do mar, en Cabo Verde empresarios galegos instalaron factorías en relación tamén coa pesca.

Por outra banda, sinalou a importancia da migración que levou primeiro aos europeos ao arquipélago e posteriormente aos cavoberdianos a outros lugares do mundo, como é o caso de Burela. Neste concello hai aproximadamente 500 cidadáns procedentes de Cabo Verde censados.

Por isto mesmo, Pereira Neves concluiu recordando aos seus concidadáns residentes no lugar o papel que tiveron e teñen no desenvolvemento da Mariña ademais de térense asentado na vila como bos cidadáns e cidadás, cousa que lles permitiu seren parte da cidadanía do lugar.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...