InicioCentralBurelaConcentración en Burela contra proxectos de eólicos mariños

Concentración en Burela contra proxectos de eólicos mariños

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños (antiga Plataforma Manifesto Burela) convoca este sábado, 6 de abril, en Burela unha concentración, a partir das 12,00 horas ante a confraría, en contra dos proxectos de eólica mariña.

Esta plataforma critica o proxecto de decreto do Goberno polo que se regula a eólica mariña, “que dá o pistoletazo de saída á poxa de caladoiros de pesca para ser ocupados pola industria”, “sen ningunha consideración cara aos seus impactos socioeconómicos na pesca e os impactos nos ecosistemas mariños”.

Así, quérese “reivindicar a supervivencia dos pobos pesqueiros” fronte “á cobiza das enerxéticas e a complicidade do Goberno español para implantar a eólica mariña en augas españolas sacrificando” aos pescadores e zonas mariñeiras.

Eólica Así Non, o BNG ou a CIG son algúns dos apoios que trasladaron o seu apoio á mobilización. Precisamente, a Coordinadora Eólica Así Non avisa de que estes proxectos de eólica mariña “son incompatibles cos usos tradicionais na costa”, o mantemento da actividade pesqueira e a preservación da biodiversidade.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...

Ribadeo aprobará o expediente de expropiación para o novo centro de saúde

Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do...