InicioCentralBurelaOPP Burela presenta un plan de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

OPP Burela presenta un plan de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Publicada o

- Advertisement -


A Organización de Produtores Pesqueiros de Burela presenta o seu primeiro Plan Director de Aliñación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, un fito significativo no seu compromiso coa sustentabilidade e a responsabilidade social corporativa.

O Plan Director de ODS da OPP Burela é un precedente no sector pesqueiro ao ser o primeiro do seu tipo en ser implementado por unha organización de produtores pesqueiros. É un enfoque innovador que reflicte o compromiso da OPP Burela coa mellora continua na xestión sostible dos recursos mariños.


Este Plan engloba varios traballos de análises: un externo para identificar casos de éxito dentro do sector pesqueiro a nivel global; e outro interno, máis detallado, sobre as diferentes iniciativas da OPP, que se agrupan en 24 proxectos. Para cada un dos 24 proxectos elabórase unha ficha individual, que se contrasta cos 17 ODS para os efectos de ver a súa implicación e aliñamento. O resultado final é de impacto en 15 dos 17 ODS, con aliñamento alto en 11, medio en 2 e menor noutros 2. A parte final do Plan pretende ser unha folla de ruta para o futuro, onde se establecen 25 indicadores para a dimensión económica, social, ambiental, de transparencia e participación, e de integración dos ODS.

Este proxecto innovador foi desenvolto en colaboración coa empresa IMBATIA, que, segundo o seu responsable, Julio Sánchez, “foi unha análise de alto valor que permitiu á OPP Burela comprender mellor a execución dos seus proxectos e o seu impacto nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (ODS). A través dun exhaustivo proceso de avaliación e análise, a OPP-7 de Burela foi pioneira en examinar como as súas actividades pesqueiras alíñanse cos ODS, contribuíndo así á promoción de prácticas sostibles e ao avance cara a un futuro máis equitativo e próspero”.

Sergio López, xerente da OPP Burela, considera que “esta análise brindounos unha comprensión máis profunda de como as nosas accións xa están aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas e deberíanos axudar a poñer en valor todo este esforzo no futuro”.


Segundo Julio Sánchez “espérase que este proxecto sirva como modelo para outras organizacións do sector pesqueiro que buscan aliñar as súas actividades cos ODS e promover prácticas sostibles nas súas operacións”. Con este traballo a OPP Burela reafírmase no seu compromiso coa sustentabilidade e o desenvolvemento responsable e espera seguir liderando iniciativas innovadoras que contribúan ao logro dos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible.


Esta acción foi elaborada dentro do plan de produción e comercialización de OPP Burela de 2023 dentro dos obxectivos de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e o acceso dos consumidores a unha información clara e completa, e conta con axudas da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...