InicioCentralBurelaCondenada a veciña de Burela acusada de tentar matar cunha machada a...

Condenada a veciña de Burela acusada de tentar matar cunha machada a outra muller

A imputada, que viu reducida a súa pena, recoñeceu os feitos e cumprirá a condena nun centro adecuado á súa "anomalía psíquica".

Publicada o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou este martes a unha pena de tres anos de cárcere a unha veciña de Burela acusada de tentar matar cunha machada a outra muller na estación de autobuses da localidade en febreiro de 2023.

A Fiscalía solicitaba inicialmente para a procesada unha pena de cinco anos de prisión por un delito de homicidio en grao de tentativa e outro de lesións agravadas con instrumento perigoso, pero tras longas deliberacións, as partes alcanzaron un acordo de conformidade para reducir a tres anos o tempo de condena, que será efectiva ao oporse o Ministerio Fiscal á suspensión da pena de prisión debido ao “perigo” da autora confesa dos feitos.

A condenada, unha muller de mediana idade afincada no municipio de Burela, que se atopa en prisión provisional comunicada e sen fianza desde o 21 de febreiro de 2023, recoñeceu os feitos ante a xuíza e aceptou a pena, que cumprirá, de acordo ao disposto polo tribunal, nun centro médico “adecuado á súa anomalía psíquica” ou nun “centro penal con módulo de carácter psiquiátrico”.

Os feitos xulgados tiveron lugar a tarde do 20 de febreiro de 2023 na estación de autobuses de Burela, momento en que a acusada –agora condenada por sentenza firme– agardou “acazapada” á vítima, de acordo ao recolleito no escrito fiscal, “nas escaleiras próximas á zona de baños” da citada estación.

“Que che corto a cabeza, vouche a matar, non vas saír viva de aquí”, vociferou entón a procesada á vítima, para acto seguido e “con intención de acabar coa súa vida” –precisa o escrito de acusación– asestar un golpe coa machada por detrás á muller de forma repentina “á altura do ombreiro esquerdo”.

A “anomalía e a alteración psíquica” que presentaba a acusada no momento dos feitos como resultado da “dependencia de opioides” e dun “trastorno psicótico e de personalidade” motivado polo consumo de “múltiples sustancias” foi tomada en conta á hora de interesar a modificación da petición de condena.

A acusada, que deberá cumprir tamén unha pena de oito anos de liberdade vixiada coa prohibición de aproximarse á persoa prexudicada a menos de 300 metros e de comunicarse con ela por calquera medio durante o mesmo período de tempo, deberá indemnizar –mediante un pago fraccionado de 40 euros ao mes– con 1.400 euros á vítima polas lesións e as secuelas causadas, e con 442 euros ao Sergas, pola asistencia facultativa prestada.

ÚLTIMAS

Alcoa ten o apoio dos accionistas para comprar a australiana Alumina Limited e ter todo o complexo de San Cibrao

Os accionistas de Alcoa, cun apoio do 99% dos presentes en xunta especial, apoiaron...

O pleno de Ribadeo abordará a seguridade na vila e outros temas como a Pancha

Pancha, seguridade, miradoiro de Loctudy e 4º Plan de Igualdade centrarán o pleno que...

Furgonetas ‘cero emisións’ para a brigada de obras de Viveiro

Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa da compra de dúas novas...

Bandeira azul á Praia de Area en Viveiro

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado...