InicioCentralBurelaJesús Tapia, Xebra: "A música electrónica perdeu certo estigma que tivera no...

Jesús Tapia, Xebra: “A música electrónica perdeu certo estigma que tivera no pasado”

Jesús Tapia forma parte do colectivo detrás do Centro Social Xebra, en Burela. Inauguran esta fin de semana os "sábados electrónicos" con actuacións de artistas locais mais cunha proxección moi ampla, fóra dos límites da comarca e de Galicia. Tamén terán cabida outros estilos e formas aínda que polo de agora, queda traballo por facer.

Publicada o

- Advertisement -

-Que hai detrás da creación dos ‘Sábados Electrónicos’?

Xebra intenta incluír todos aquelas actividades artísticas e estilos de música posibles. Somos un espazo aberto a todo o mundo e o mesmo estamos interesados en foliadas como músicas tradicionais así como por outro tipo de ritmos, rock, punk e electrónica neste caso, aínda que xa houbo electrónica en Xebra, mais agora tentaremos programala con certa regularidade, dúas ou tres veces ao ano.

-As datas que programades son por algo especial?

Non, son os sábados e procuraremos facelo dúas veces por ano, tampouco máis, non teñen nada de específico esas datas.

-Que criterios seguides para seleccionar as persoas que ofrecen a súa música?

Buscamos afastarnos das ‘sesións DJ’. Queremos xente que faga música en directo, con sintetizadores e outros aparellos todo para separarse do concepto tradicional e que seguro a xente coñece máis, unha persoa poñendo música electrónica. Nesta primeira sesión traemos a Death Whistle, un artista multidisciplinar de Viveiro, quen xa fixo vídeoxogos, bandas sonoras e ten dous Goya. No seu caso temos unha actuación con sintetizadores modulares e que xa é un espectáculo ver como traballa con esas máquinas de aspecto complicado. Despois temos a Ángel Novcad, un rapaz de Chantada quen participa en múltiples proxectos musicais como Fábrica de Espejos, Terror Erótico Adolescente, mais neste caso teremos o seu proxecto en solitario que ademais é un espectáculo visual acompañado de luces. E isto é o que buscamos, artistas diferentes e que toquen en directo.

-Dentro da música electrónica tedes algunha preferencia?

Non, non estamos pechados a ningún estilo do espectro tan amplo que ten a electrónica. Nesta primeira edición Death Whistle teña unha música máis experimental ou ambiental e toques industrial. Ángel Novcad quizais faga un techno máis clásico con melodías moi marcadas. Non estamos pechados a ningún estilo e así traeremos artistas diferentes que fan outro tipo de cousas.

-Pensades en ampliar estas noites electrónicas e outros encontros a semanas temáticas ou algo semellante?

Estas xornadas, chamadasd Xebra X KP, por Keeping Parties, un colectivo que fai festas durante o ano en diferentes lugares, son quen programan estes eventos. Non estamos pechados a nada, KP fai un par de eventos por ano e nós encantados de poder seguir colaborando e se funcionase estaría moi ben ampliar a programación en Xebra.

-Gustaríavos realizar eventos máis extensos, case como festivais?

Si, estaría ben. KP son eventos que durante toda unha fin de semana como facemos na Ribeira Sacra todos os veráns. Á parte, tamén nos gustaría combinalo con elementos que non só sexan música senón que traian audiovisuais ou xogos de luces.

-Acode todo tipo de público a estes eventos?

Desde logo hai variedade dentro do público. A música electrónica perdeu certo estigma que tivera no pasado e desde logo estamos abertos a todo o mundo.

ÚLTIMAS

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Charla en Burela sobre cambios normativos que afectan a persoas con dano cerebral adquirido

O Concello de Burela acolle, no Salón de Plenos, unha sesión informativa sobre os...

Un equipo especializado da Garda Civil traballa para determinar as causas do incendio do Valadouro

Un equipo especializado de investigación de incendios da Garda Civil, con sede na cidade da...