InicioCentralBurelaO Centro Social Xebra de Burela abre os 'sábados electrónicos'

O Centro Social Xebra de Burela abre os ‘sábados electrónicos’

Publicada o

- Advertisement -

A primeira desta serie de veladas será o sábado 30 de marzo a partir das 22 horas, no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela. As actuacións de Death Whistle e Ángel Novcad custarán 10 euros para as persoas non socias do centro social

O centro social Xebra, en Burela, escolle a Semana Santa para inaugurar os seu ‘Sábados electrónicos’, unha iniciativa da asociación que ofrecerá semestralmente sesións electrónicas con DJs de primeiro nivel na escena galega e estatal. O primeiro guateque será o sábado 30 de marzo, a partir das 22 horas, con entrada a 8 euros para persoas socias (10 euros para non socias).

Os artistas convidados serán Death Whistle e Ángel Novcad. O primeiro é o proxecto musical do multifacético explorador sonoro e audiovisual Víctor García, orixinario de Viveiro e actualmente taxista na vila. O artista conta cunha traxectoria mutante ao longo dos anos que o teñen levado desde ser parte de grupos como Mano de obra ata a creación de música para videoxogos e obras cinematográficas, entre as que destacan as películas ganadoras nos premios Goya Decorado e Psiconautas, los niños olvidados. Despois da publicación dun primeiro álbum, Alter, co selo barcelonés Hedonic Reversal, chega ao Xebra a presentar o seu novo directo cargado de escuras paisaxes sonoras xunto con paraxes ambientais que se cortan abruptamente.

A outra cabeza que completa o cartaz desta primeira edición é Ángel NovCad, nome artístico do proxecto en solitario de José Ángel Novoa, membro tamén de grupos musicais como Viernes y Furia, Fábrica de Espejos ou Terror Erótico Adolescente. Con a proposta musical coa que chega a Burela publicou xa 4 EP’s nos que combina diferentes xéneros que van desde o Rock Experimental ao Ambient, pasando sempre polo tamiz do Techno. Como acostuma a facer nos seus directos, no Xebra combinará a música en directo cun espectáculo audovisual.

Organización e artistas animan ao público a asistir e prometen un encontro que incitará á diversión e que contraprograma –desde a alegría e a música– a formalidade da Semana Santa.

ÚLTIMAS

Morre tamén a nai da falecida no incendio do Valadouro

A muller de 77 anos trasladada ao Hospital da Mariña polas feridas sufridas no incendio...

ACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta....

A CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición deste ano

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova...

O sábado 20 de abril comeza a XVII Edición de Ribadeo de Tapeo

Este sábado, 20 de abril, dará comezo o XVII Ribadeo de Tapeo, un dos...