InicioCentralBurelaPausa activa entre o Concello de Burela e o Centro de Saúde

Pausa activa entre o Concello de Burela e o Centro de Saúde

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, conxuntamente co Centro de Saúde, organizará unha pausa activa todos os días de luns a venres. Terá lugar de 12:00 a 12:05 na praza do Concello. Esta iniciativa busca contribuír a reducir o sedentarismo derivado particularmente de traballos que requiren permanecer máis de dúas horas seguidas sentado.


“Queremos que a saúde sexa o centro de todas as políticas do Concello, e por iso impulsamos esta actividade, para seguir garantindo que as eleccións máis saudables sexan tamén as máis fáciles”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.


“Convidamos a toda a veciñanza a participar desta iniciativa, que só require un instante e pode marcar a diferencia na saúde de moitas persoas”, afirma a rexedora. A pausa activa dase no marco da colaboración entre o Plan de Saúde Local do Centro de Saúde de Burela e a Estratexia de Promoción da Saúde do Concello de Burela.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...