InicioCentralBurelaO Concello de Burela entrega os premios dos certames de poesía e...

O Concello de Burela entrega os premios dos certames de poesía e postais de Nadal

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Cultura do Concello de Burela e a Biblioteca Municipal entregaron os premios dos certames de postais e poesía infantil do Nadal. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, felicitou a “todos e todas as participantes” e agradeceu a implicación da comunidade educativa de Burela.


Nos premios de poesía, en categoría A (ata 8 anos) o primeiro premio foi para Teo Domínguez García, de 7 anos e do CEIP Vista Alegre; o segundo para José María García Fra, de 8 anos e do CEIP Vista Alegre, e o terceiro para Leo Fraga Río, de 7 anos (CEIP Vista Alegre).


Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañou Lucas Ballesteros Pedre, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre; Jimena Domínguez García foi segunda (11 anos e do CEIP Vista Alegre), e o terceiro premio foi para Jorge Melo Reigosa, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre.


Todos os traballos participarán en febreiro na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo. No certame de postais, en Educación Infantil o primeiro premio foi para Naia Fontenla Suárez, de 5 anos e do CEIP Vista Alegre; Sergio Fernández González, de 4 anos e do CEIP Vista Alegre, foi segundo, e terceira, Luz Gonçalves Santomé, de 3 anos e do CEIP Virxe do Carme.


En 1º e 2º de Primaria, o primeiro premio foi para Mateo Chamosa Carro, de 7 anos e do CEIP Fondo Nois; o segundo para Alejandro Diéguez Ruíz, de 6 anos e do CEIP Fondo Nois, e o terceiro para Helena Turcu, de 6 anos e do CEIP Virxe do Carme.


En 3º e 4º de Primaria, o primeiro premio foi para Pedro Cociña Lestao, de 8 anos; o segundo, para Assila Natasha Komarodin Mulyani, de 8 anos, e o terceiro para José María García Fra, de 8 anos. Os dous primeiros son alumnos do CEIP Virxe do Carme, e o terceiro, do CEIP Vista Alegre.


En 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio foi para Jimena Domínguez García, de 8 anos e do CEIP Vista Alegre; o segundo premio, para Jean Pierre De La Nuez Cardenas, de 10 anos e do CEIP Virxe do Carme, e o terceiro premio para Clara Vázquez Cayón, de 10 anos e do CEIP Virxe do Carme.

ÚLTIMAS

A paralización do forno de cocción de Alcoa deixará a 500 persoas sen traballo

A paralización nas obras de construción do forno de ánodos no complexo industrial de Alcoa-San...

Día de Rosalía en Ribadeo cunha Escape Room

Dentro dos actos de conmemoración do Día de Rosalía promovidos polo Concello de...

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Ribadeo convoca ao sector hostaleiro para preparar o ‘Ribadeo de Tapeo’

O Concello convoca ao sector hostaleiro a unha xuntanza para preparar o Ribadeo de...