InicioCentralBurelaOs miaños dun gato en Burela mobilizaron a Garda Civil e...

Os miaños dun gato en Burela mobilizaron a Garda Civil e GES pensando que era un neno

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño de Burela alertou esta pasada noite ao 112 ao confundir os miaños dun gato co pranto dun neno, segundo informou o propio servizo.

O 112 recibiu ao redor das 21,00 horas do xoves unha chamada dun particular que aseguraba escoitar os berros dun neno no medio dunha silveira nas proximidades da avenida de Arcadio Pardiñas.

Deste xeito, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo. Tamén ao GES de Cervo e á Garda Civil, que se achegaron a comprobar a situación e descubriron que os sons foran emitidos por un gato, pechando o seu operativo sen maiores complicacións.

ÚLTIMAS

Aprobada por unanimidade a nova ordenanza reguladora do servizo de taxis de Ribadeo

O Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado onte a aprobación...

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...