InicioCentralBurelaO salón 'Gastrónoma 2023' acolle o sabor da pescada e o peixe...

O salón ‘Gastrónoma 2023’ acolle o sabor da pescada e o peixe de Burela

Publicada o

- Advertisement -

A OPP-7 Burela está promocionando estes días os seus produtos pesqueiros do porto de Burela en Gastrónoma, a feira gastronómica líder do Mediterráneo, que se celebra en Feria Valencia do 12 ao 14 de novembro.

O Porto de Burela participa neste evento dentro do programa de catas e degustacións dos produtos do mar “Galicia Sabe A-Mar”, a través do stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que presenta en ‘Gastrónoma 2023’ o mellor da súa gastronomía, destacando especialmente a súa oferta pesqueira, con produtos que se converteron en auténticos referentes no mundo da gastronomía, como a Merluza D& Burela. Na xornada inaugural do domingo, o chef Alejandro Iglesias (restaurante Dúas Liñas, Arzúa) preparou as receitas: “Tiradito de Merluza D& Burela” e “Merluza D& Burela á miña Galega”.

Ao longo deste ano 2023, o “Peixe de Burela”, especialmente a súa pescada do pincho e o bonito do norte, desfilou nas mellores pasarelas gastronómicas dentro do programa de catas e degustacións dos produtos do mar “Galicia Sabe A-Mar” da Xunta de Galicia: no Salón Gourmets (Madrid, abril), no Salón de Alimentación do Atlántico “Salimat Abanca” (Silleda, xuño), no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar (Ourense, novembro) e agora na Feira gastronómica do Mediterráneo (Valencia).

Ademais, a OPP Burela tamén promocionou a calidade e a trazabilidade do seu peixe por toda España, participando en diferentes eventos a través de showcookings e maridaxes con outros produtos gastronómicos en citas tan representativas como FITUR (Madrid, xaneiro) e outros eventos do sector a través de Cepesca durante todo o 2023.

No mes de setembro, tamén en Madrid, a OPP-7 organizou o seu propio evento “Merluza D& Burela polo Mundo” dirixido especialmente a bloggers e xornalistas gastronómicos: un showcooking guiado por catro recoñecidos cociñeiros galegos con diferentes elaboracións para saborear a ‘Merluza D& Burela’ nas súas versións máis tradicionais e vangardistas, presentando tamén receitas inspiradas noutras cociñas do mundo, como a asiática ou a mexicana.

Dentro da promoción da gastronomía local, o ‘Peixe de Burela’ tamén estivo presente na presentación da Feira Expomar (Madrid, xaneiro), na propia Feira Expomar (Burela, maio), na Feira Produart (Burela, agosto) cun shoxcooking de bonito do norte, ou na Feira Gastronómica L de Lugo (Lugo, setembro) con varios showcooking e maridaxes nos que se promocionou a Merluza e Bonito de Burela, ademais de diferentes especies variadas da lonxa ABSA de Burela, como cabala, xurelo, rape, pota, peixe espada, marraxo… representando ás principais frotas locais.

Todas estas accións están cofinanciadas por Xunta de Galicia e FEMPA, incluídas no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...