InicioCentralBurelaA Asociación Esperanza de Burela organiza actividades polo Día Internacional Contra...

A Asociación Esperanza de Burela organiza actividades polo Día Internacional Contra o Cancro

Publicada o

- Advertisement -


A Asociación Esperanza colocará o vindeiro xoves 19, Día Internacional contra o cancro de mama, mesas informativas para recaudar fondos para a loita contra o cancro. As mesas estarán situadas nos lugares de costume, a Praza do Concello e o Hospital da Mariña, para que todas aquelas persoas que desexen aportar fondos para axudar á investigación, detección, tratamento e curación do cancro poidan facelo.
A Asociación espera unha ampla colaboración da veciñanza, dado que o cancro é unha enfermidade que afectou, afecta e afectará a moitas personas, e que existe moita conciencia cidadá para facerlle fronte á mesma.

O venres 20 de outubro Esperanza e a Fundación Alcoa organizan as II Xornadas Escolares de sensibilización e prevención do cancro. A Asociación Esperanza considera moi importante e relevante esta actividade, xa que se trata de informar a un sector da poboación, a infantil, sobre as pautas de comportamento, a prevención e sensibilización do cancro tan presente na sociedade
Se o ano pasado, e en colaboración coa Fundación ALCOA, se organizou a I Xornada Escolar de sensibilicación e prevención do cancro, este ano as II Xornadas celebraranse o vindeiro venres día 20 do presente mes de outubro.


O seu destinatario será o alumnado de sexto de Primaria dos dous ceips do concello de Burela, o Virxe do Carme e o Vista Alegre, e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura. Durante a xornada, que comezará ás nove e cuarto da mañán e rematará á unha e cuarto da tarde, haberá ponencias informativas e de prevención impartidas polos poñentes e por un DUE de Hospitalización a domicilio, seguidas de coloquio con preguntas, e un concurso de debuxo. Non faltará a degustación dun almorzo saudable e unha entrega de regalos ao alumnado participante.


As ponencias serán impartidas polos médicos residentes Carlos Alberto Padilla León, Lorena González Paz, Ane Kirakosyan Dilanyan, Juan José Eiroa Bermúdez, Ariadna López Rubial, Daiana Ortega Díaz, Carmen Laura Herrero Muñoz e Alba Varela Arrojo, xunto co Diplomado Universitario en Enfermería de Hospitalización a domicilio Juan Lorenzo Otero.


Dende a Asociación Esperanza queren agradecer á Fundación Alcoa e ao seu voluntariado a colaboración para esta actividade. Ao mesmo tempo, o agradecemento para o persoas médico-sanitario indicado. Por último, non podemos esquecernos da colaboración prestada un ano máis polos dous ceips, Vista Alegre e Virxe do Carme, e polo Concello de Burela para a realización desta xornada.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...