InicioCentralBurelaBurela comeza as obras para renovar a rúa Camiño Real

Burela comeza as obras para renovar a rúa Camiño Real

Os traballos, cun custo de 111.230€, servirán para renovar os servizos de abastecemento, saneamento e electricidade, así como para mellorar a accesibilidade da rúa.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela da comezo as obras para renovar a rúa Camiño Real entre as rúa Mestre Don Camilo e a rúa do Ril, realizando un investimento de 111.230€. A actuación encádrase dentro do Plan Único Provincial do ano 2022, e a empresa adxudicataria é López y Leis SA.

Consistirá no levantado de mobiliario urbano e de aceras para renovar todos os servizos, tanto de saneamento como de abastacemento, realizando melloras especialmente nas instalacións eléctricas. Ademais, tamén servirá para mellorar as beirarrúas e dotalas dunha maior accesibilidade. “É unha actuación que entendemos que era necesaria para seguir mellorando a accesibilidade da vila, xa que a acera era xa bastante antiga”, sinala o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.

O edil explica que “a rede de abastecemento estaba dando bastantes problemas, especialmente polas fugas de auga, polo que decidimos mellorar as instalacións e en particular as que están por debaixo da terra, que son as que adoitan precisar deste tipo de actuacións integrais”.

“O rendemento da rede de abestecemento de Burela está moi por riba da media dos concellos de Galicia, pero oso non quere decir que non vaiamos seguir intentando melloralos. E este tipo de actuacións demóstrano con feitos”, engadiu. Ademais, Fernández Rey destacou a importancia de evitar as fugas de auga no momento que estamos pasando, onde hai seca en moitos sitios aínda que non sexa o caso aquí.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...