InicioCentralBurelaO Torneo Marosa Cup reunirá 40 equipos en Burela entre os días...

O Torneo Marosa Cup reunirá 40 equipos en Burela entre os días 24 e 25 de xuño

O concelleiro Ramiro Fernández declarou que "queremos agradecerlles ás directivas o traballo que fan por manter este gran torneo, que sabemos que supón pola súa parte un grandísimo esforzo”.

Publicada o

- Advertisement -

O VII Torneo Marosa Cup de fútbol reunirá a máis de 40 equipos en Burela os días 24 e 25 de xuño. O evento deportivo foi presentado nas últimas horas. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “se trata dun torneo que xa está máis que asentado no calendario de torneos que se fan nestas datas en Galicia . Van participar máis de 40 equipos este ano, co que pega un salto de calidade importante nesta edición, que conta co apoio do Concello de Burela e da Deputación de Lugo”.

O edil burelés subliñou que “o Concello está a disposición do Porto de Burela e da SD Burela como organizadores, para axudarlles a que todo salga o mellor posible. Queremos agradecerlles ás directivas o traballo que fan por manter este gran torneo, que sabemos que supón pola súa parte un grandísimo esforzo”.

Fernández Rey engadiu: “desexarlles que todo salga ben. Esa fin de semana, a do 24 e 25 de xuño, vai ser moi movida en Burela porque coinciden tres eventos de grande repercusión como son o Marosa Cup, o Memorial Heroes do Orzán e a Festa Castrexa. Burela rexistrará un abarrote de xente esa fin de semana”. Xunto aos organizadores estiveron os concelleiros Ramiro Fernández e Carmela López.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...