InicioCentralBurelaA 'Ocainmigrante' reuniu aos alumnos de 3º de Primaria dos CEIP de...

A ‘Ocainmigrante’ reuniu aos alumnos de 3º de Primaria dos CEIP de Burela

A edil Noelia Mª Ben explica que “os días 23 e 24 de marzo realizouse a Ocainmigrante, para o alumnado de 3º de primaria dos Ceips de Burela, o Virxe do Carme e o Vista Alegre, coa colaboración da Aula de Medio Ambiente Gaia”.

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado de 3º de Primaria dos Ceip de Burela participou onte e hoxe na Ocainmigrante, organizada pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración.

A edil Noelia Mª Ben explica que “os días 23 e 24 de marzo realizouse a Ocainmigrante, para o alumnado de 3º de primaria dos Ceips de Burela, o Virxe do Carme e o Vista Alegre, coa colaboración da Aula de Medio Ambiente Gaia”.

A concelleira de Inmigración subliñou que “con esta actividade preténdese sensibilizar aos máis novos sobre a inmigración e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo, a inseguridade e desamparo, a acollida, a pobreza, a tolerancia e o respecto, as guerras, a marxinación, os malos salarios, o rexeitamento, a integración, a inxustiza”.

Ademais Ben lembrou que “está aberto o prazo para participar nos IX Concursos de Lemas e Debuxo e Pintura para o Día Internacional para a eliminación da discriminación racial. Os obxectivos son transmitir a través de mensaxes curtas ou debuxos a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención”. E engadiu que “as bases para poder participar nestes concursos están publicadas na sede electrónica do Concello de Burela. A data para a presentación dos traballos remata o 3 de abril de 2023”.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...