InicioCentralBurelaA Praza de Abastos de Burela xa conta con ascensor propio

A Praza de Abastos de Burela xa conta con ascensor propio

O alcalde Alfredo Llano subliñou que “é un servizo que levou moito tempo poñelo en funcionamento pero agora, por fin, está finalizado".

Publicada o

- Advertisement -

O edificio da praza de abastos de Burela xa conta con ascensor. Trátase dun servizo moi demandado, segundo o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor explicou que “púxose en marcha un servizo que consideramos moi importante: un ascensor na praza de abastos, instalación que se emprega para moitas actividades e hai moitas asociacións alí. Entón colocamos un ascensor, que xa se levaba moitísimo tempo tratando de instalalo, pero non daba avanzado. Agora mesmo xa está en pleno funcionamento. Ten un cabina grande, pode levar 630 quilos e polo tanto a 5 ou 6 persoas. É sobre todo para aquela xente que poida precisalo para subir a facer xestións ao Xulgado de Paz ou a outro tipo de trámites na planta 2 ou na 3 dese edificio”.

Llano subliñou que “é un servizo que levou moito tempo poñelo en funcionamento pero agora, por fin, está finalizado. É un ascensor que viña sendo moi demando porque é moi necesario para favorecer á xente que teña que subir aos servizos que se prestan alí. Así que é un paso máis para adiante”.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...