InicioCentralBurelaO alcalde de Burela enxalza a Feira do Bonito en Fitur como...

O alcalde de Burela enxalza a Feira do Bonito en Fitur como Festa de Interese Turístico Nacional

Publicada o

- Advertisement -

Burela promocionou a Feria do Bonito en Fitur este mediodía. O encargado de enxalzar esta festa de interese turístico nacional foi o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor referiuse á consecución desa distinción en 2019: “tivemos moito interese tanto desde o Concello como desde a propia asociación Ledicia, e incluso todo o pobo dalgunha maneira botou unha man”

Llano lembrou que a Feira do Bonito naceu no ano 1983 e aludiu á cantidade de voluntarios que traballan para que esta cita estea ben atendida, con toda a calidade que aporta”. O alcalde burelés subliñou a calidade deste peixe e o tratamento que recibe: “péscase respectando o medio ambiente e a especie”.

Alfredo Llano aproveitou a ocasión para facer promoción turística de Burela: “temos gastronomía, temos praias, temos actividades culturais… Burela é un pobo atractivo, que ten moitas posibilidades para atender a moita xente e que aquí ninguén é considerado de fóra senón que se integra inmediatamente no ambiente da nosa vila”.

O rexedor fixo un balance moi positivo do acto celebrado este mediodía na Feira Internacional de Turismo en Madrid. En Fitur ademais do alcalde burelés tamén se atopa o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...