InicioCentralBurelaBurela realiza obras de mellora no parque do Hospital Público da Mariña

Burela realiza obras de mellora no parque do Hospital Público da Mariña

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “tentamos darlle colorido a esa zona na que colocamos diversas plantas pensando nos usuarios e usuarias do Hospital Público da Mariña e sobre todo nos seus acompañantes".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello realizou diversas melloras no parque situado a carón do Hospital Público da Mariña. Ata alí se achegaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.

A edil burelesa explicou que “tentamos darlle colorido a esa zona na que colocamos diversas plantas pensando nos usuarios e usuarias do Hospital Público da Mariña e sobre todo nos seus acompañantes, para que cando saian tomar o fresco ou estirar as pernas poidan desfrutar do parque e das melloras que alí fixemos. Pensamos que agrandan o interese dese parque”.

Toñi Eijo engadiu que “estes traballos no parque do Hospital únense aos que se foron facendo nos últimos meses noutros emprazamentos similares do noso concello para que toda a veciñanza, nenos e maiores, poidan gozar dos nosos parques nas mellores condicións posibles”.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...