InicioCentralBurelaBurela finaliza as obras de mellora na Rúa da Capela situada na...

Burela finaliza as obras de mellora na Rúa da Capela situada na Vila do Medio

O alcalde, Alfredo Llano dixo que “nesta zona tan singular como é Vila do Medio, onde está a capela e tamén hai cuestións etnográficas, como unha serie de hórreos, nun deles vamos conveniar co seu dono para fortalecer esas visitas etnográficas".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, visitaron a rúa da Capela, na Vila do Medio. O investimento realizado na mellora dese viario ascendeu a 120.000 euros.

O rexedor declarou que “a xente de Burela pode ir visitar unha obra moi guapa que se fixo na Vila do Medio, concretamente na rúa da Capela. É unha actuación moi completa, moi singular e que lle dá un valor extraordinario a aquela zona. Realmente quedou perfecta e é un gusto pasar por esa rúa, onde se colocou o adoquinado, que quedou perfecto, e tamén se fixo unha renovación na rede de abastecemento de auga, substituíndo tanto acometidas como canalizacións, ademais dos separativos de augas residuais e pluviais. Isto era moi necesario e esperemos que vaia para moito tempo”.

Llano dixo que “nesta zona tan singular como é Vila do Medio, onde está a capela e tamén hai cuestións etnográficas, como unha serie de hórreos, nun deles vamos conveniar co seu dono para fortalecer esas visitas etnográficas a Vila do Medio para visualizar e gozar do que é un bo patrimonio de Burela, e sobre todo desa zona concreta. Así que animo a todo o mundo a que vaia ata alí e vexa con toda claridade a mellora total que se fixo nesta zona, que era moi merecida polos veciños e polas veciñas e ao mesmo tempo creo que lle dá unhas posibilidades urbanísticas e de convivencia maiores”.

O alcalde burelés engadiu: “fíxose un investimento duns 120.000 euros, que eu penso que foron moi ben empregados e que realmente cumpriron as expectativas que tíñamos para esa obra”.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...