InicioCentralAlfozO Concello de Alfoz iza a súa bandeira que combina o Castelo...

O Concello de Alfoz iza a súa bandeira que combina o Castelo de Castrodouro e o escudo de Pardo de Cela

A Bandeira de Alfoz foi aprobada no Decreto 104/2022, de 25 de maio, de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e publicada no DOG 114 do pasado mes de xuño.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz izou ás 12:00h deste venres a Bandeira Oficial do Concello. A idea surxiu na celebración do 800 Aniversario da concesión do Fuero de Benavente do título de vila, “sendo cando menos curioso que un concello con tanta historia coma o noso non contase con bandeira propia” sinalan desde o consistorio.

Eduardo Pardo de Guevara, Director do Instituto Galego de Estudios Padre Sarmiento, doutor en Historia Medieval e especialista en heráldica, quen nos acompañou tamén neste acto, foi o encargado de presentar os deseños nos que se combinaban o Castelo de Castrodouro, símbolo indiscutible do municipio, e o escudo de armas do Mariscal Pardo de Cela, cuxa historia e lenda está ligada a Alfoz.

“Hoxe, izamos a Bandeira de Alfoz aprobada no Decreto 104/2022, de 25 de maio,de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e publicada no Dog 114 do pasado mes de xuño”.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...