InicioCentralAlfozA fibra óptica chega a Alfoz

A fibra óptica chega a Alfoz

A provedora Adamo instalará Internet de 1.000 MB nas nove parroquias do concello.

Publicada o

- Advertisement -

Dende as aldeas máis pequenas ata os núcleos máis poboados do concello de Alfoz terán fibra óptica. A operadora Adamo xa comezou a instalar Internet de 1.000 MB no Concello, “a fibra óptica máis rápida que se encontra dispoñible hoxe en día no mercado”, segundo afirma a provedora. A fibra óptica satisfará a demanda actual a unha conexión a Internet de calidade.

Actualmente a sinal só chega a poucas vivendas, pero nas vindeiras semanas a compañía estenderá a rede polas nove parroquias de Alfoz, sen esquecerse das aldeas con menos habitantes, como Castro de Ouro, que conta con 19, ou Reirado, onde viven 44 veciños. En total, 1650 poboadores poderán ter nos seus fogares a fibra óptica.

Para toda a instalación, Adamo conta coa colaboración das autoridades locais, como o alcalde, Jorge Val, que participou na presentación do servizo que proporciona a compañía. En dita reunión tamén participaron representantes das diferentes parroquias.

Coa chegada da fibra óptica a alfoz, Adamo reforza a súa presenza na provincia de Lugo, onde xa subministra sinal de internet a 50.000 fogares, especialmente na zona da Mariña, como so concellos de Begonte, Cervo, A Fonsagrada, Xove, Barreiros, Lourenzá e Foz. Este crecemento apóiase e parte polas subvencións do Programa de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA). Do presuposto que o ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital adxudicou a Adamo, máis de 5,8 millóns están destinados á instalación da fibra óptica en Lugo, como apunta a empresa.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...