InicioCulturaOnce concellos da Mariña terán actividades de animación á lectura en bibliotecas

Once concellos da Mariña terán actividades de animación á lectura en bibliotecas

Será dentro do programa da Xunta Ler conta moito nas bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 35 concellos da provincia de Lugo, entre eles once da Mariña, benefícianse das axudas da Xunta de Galicia para as actividades de dinamización da lectura e para o desenvolvemento do programa Ler conta moito nas bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. As achegas concedidas suman 30.600 euros.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a lista de beneficiarios desta orde que convoca a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para apoiar as actividades de animación á lectura sobre a base do catálogo Ler conta moito 2021.

Este programa, que se desenvolve en colaboración coas entidades locais, ten como obxectivo “contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.” Ademais de alentar a aprendizaxe, o desenvolvemento de actividades de dinamización no ámbito da biblioteca permiten reforzar o seu carácter de espazo aberto.

En canto á distribución das axudas, hai once municipios beneficiarios da Mariña –Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove-; nove da Zona Sur -Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, O Saviñao, Sober e Taboada-; oito da Terra Chá e Meira -Castro de Rei, Guitiriz, Meira, Muras, A Pastoriza, Riotorto, Vilalba e Xermade-; e tamén os de Lugo, A Fonsagrada, Monterroso, Antas de Ulla, Sarria, Láncara e O Páramo.

Ao abeiro desta liña os concellos beneficiarios deberán programar ata o 25 de outubro un mínimo de dúas actividades polas que reciben unha achega que cubre ata o 75% dos gastos. Como complemento a estas axudas, a Xunta ofrece tamén subvencións para o crecemento e actualización das coleccións das bibliotecas e axudas para equipamentos culturais de concellos, ademais de potenciar a biblioteca dixital Galiciana, entre outras iniciativas.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...