InicioCentralAlfozA Deputación de Lugo coa Festa dos Choferes de Alfoz que cumpre...

A Deputación de Lugo coa Festa dos Choferes de Alfoz que cumpre o seu 60 aniversario

“Estamos ante unha das festas con maior arraigo e identidade de todo o norte da provincia, e o feito de cumprirse seis décadas dá aínda máis sentido ao noso apoio”, sinalou o deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto

Publicada o

- Advertisement -

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, visitou este mércores o Campo da Festa de San Pedro de Mor, en Alfoz, onde mantivo un encontro coa directiva da Asociación Cultural Xuvenil O Castelo para coñecer de primeira man os preparativos dunha cita “fundamental” para este municipio: a Festa dos Choferes, que este ano acada a súa 60ª edición.

A achega provincial, comprometida para esta edición, supera os 9.000€ e servirá para a contratación de grupos musicais; a edición do libro conmemorativo do 60 aniversario, que recolle textos, testemuños e a evolución cronolóxica da festa a través de imaxes e relatos das edicións pasadas; o servizo preventivo de ambulancia; e unha exposición fotográfica retrospectiva ao aire libre que amosa o cambio xeracional da festa ao longo das súas seis décadas.

Durante a visita, Cajoto, que estivo acompañado do equipo de goberno de Alfoz, puido comprobar o traballo que a comisión organizadora leva meses desenvolvendo para que a festa estea á altura dunha efeméride tan sinalada, e trasladou aos membros da directiva o compromiso da institución provincial coa celebración.

“Estamos ante unha das festas con maior arraigo e identidade de todo o norte da provincia, e o feito de cumprirse seis décadas dá aínda máis sentido ao noso apoio”, sinalou, quen destacou o valor etnográfico e social da ruta de coches e da tradicional bendición de vehículos, os dous actos que converten o domingo da festa nunha xornada única na comarca.

Catro días de festa

A Festa dos Choferes, organizada pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, combina ao longo de catro días sesións musicais, actos relixiosos e xogos tradicionais, mais é o domingo cando acada a súa máxima expresión: unha comitiva de camións, coches e motocicletas percorre todas as parroquias do concello de Alfoz antes de regresar ao Campo da Festa, onde o párroco local bendice individualmente cada un dos vehículos participantes, nun rito herdado de xeración en xeración que rende homenaxe ao sector do transporte da zona.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...