InicioCentralAlfozAlfoz abre o Ludiverán para facilitar a conciliación das familias este verán

Alfoz abre o Ludiverán para facilitar a conciliación das familias este verán

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa de conciliación estival Ludiverán, unha iniciativa destinada a facilitar a compatibilización da vida familiar e laboral durante os meses de verán, ao tempo que ofrece aos nenos e nenas un espazo de lecer, convivencia e aprendizaxe nun entorno seguro e divertido.

O programa está dirixido á rapazada nacida entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase entre o 29 de xuño e o 31 de agosto. O horario habitual será de 10:00 a 13:00 horas, ofrecéndose ademais a posibilidade de entrada anticipada ás 9:00 horas e saída ás 14:00 horas, adaptándose así ás necesidades das familias participantes.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 5 e o 12 de xuño. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou presencialmente na Casa do Concello. As bases completas do programa están dispoñibles na web municipal e na sede electrónica.

Ao longo do verán, os participantes gozarán de actividades lúdicas, xogos, obradoiros e propostas adaptadas ás diferentes idades, promovendo valores como a cooperación, a creatividade, a convivencia e o respecto.

Desde o Concello de Alfoz destacan que o Ludiverán se consolidou nos últimos anos como un servizo fundamental para moitas familias do municipio, converténdose nun recurso moi demandado durante o período non lectivo. O programa busca ofrecer unha alternativa de ocio educativo de calidade, favorecendo ao mesmo tempo a conciliación familiar durante os meses estivais. Ademais, o Concello continúa apostando por esta iniciativa, que xa en edicións anteriores ampliou horarios para adaptarse mellor ás necesidades das familias.

A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, sinala que “o Ludiverán é unha ferramenta moi importante para apoiar ás familias do noso concello durante o verán, ofrecendo aos nenos e nenas un espazo seguro onde divertirse, socializar e aprender mentres os pais e nais poden compatibilizar mellor as súas responsabilidades laborais e familiares”.

Seguimos traballando para ofrecer servizos que melloren a calidade de vida da veciñanza e que contribúan a fixar poboación e apoiar ás familias no rural”, engade a rexedora.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...