O Concello de Alfoz vén de levar a cabo novos traballos de mellora e posta a punto en distintas instalacións municipais, co obxectivo de garantir espazos máis confortables, seguros e axeitados para o seu uso diario pola veciñanza.
Na aula da escola da parroquia de Adelán procedeuse á montaxe de novas pezas de illamento, completando as xa existentes, unha actuación necesaria para a realización das actividades de ioga e pilates, co fin de mellorar as condicións de confort durante o seu uso.
Así mesmo, instalouse unha rede de tenis no pavillón municipal. Esta actuación responde ao coñecemento de que veciños e veciñas do concello se desprazan a outras localidades para practicar esta modalidade, polo que se ofrece agora tamén esta posibilidade dentro das propias instalacións municipais.
Dende o Concello de Alfoz continúase traballando para ofrecer unha programación deportiva variada e unhas instalacións axeitadas, facilitando que a veciñanza poida manter un estilo de vida activo e saudable sen ter que saír do concello.
