InicioCentralAlfozTeatro en Alfoz con "A Herencia de Xoana" o vindeiro domingo

Teatro en Alfoz con “A Herencia de Xoana” o vindeiro domingo

Publicada o

- Advertisement -

O domingo 14 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo en Ferreira do Valadouro, o grupo de teatro Abrente presenta a súa obra “A Herencia de Xoana”

Esta obra esta inserida na Edición do Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo – Área de Cultura.

Abrente é unha asociación polifacética que desenvolve a súa actividade entre a música, o baile tradicional e o teatro. O grupo de teatro, formado por veciños e veciñas das Nogais e da súa contorna, leva xa moitos anos actuando, sacando sorrisos alá onde vai.

Sinopse Ao parecer, Xoana rematou os seus días nunha residencia por non ter ninguén que a puidese coidar. Os seus achegados estiveron máis preocupados pola herencia que pola situación da muller, aínda que houbo de todo nesta familia. O seu fillo e a súa neta son agora os máis apoucados pola recente perda da muller. Mais Xoana deixou preparado un testamento sorpresa para que non se esquezan dela tan axiña.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...