InicioCentralAlfozAlfoz anuncia o programa do 25N co lema "As feridas non sempre...

Alfoz anuncia o programa do 25N co lema “As feridas non sempre se ven”

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro), o Concello de Alfoz desenvolverá diversas actividades de sensibilización baixo o lema “As feridas non sempre se ven”.

Este lema quere facer visible que as mulleres que foron ou están feridas non sempre se ven, e que moitas das feridas causadas pola violencia non son visibles a simple vista, xa que tamén existen as que deixan marca no plano emocional, psicolóxico ou social.

Durante a semana do 25 de novembro, a Casa do Concello tinguirase de violeta como símbolo da loita contra as violencias machistas. Ademais, farase entrega de bolsas de tea co lema da campaña tanto ao alumnado do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro como nas actividades dirixidas á poboación adulta.

Entre as accións programadas destacan:

  • Venres, 29 de novembro, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz:

A escritora Carmen V. Valiña presentará o seu libro “As tolas que non o eran”, no que fala das mulleres internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 por non levar unha vida “exemplar”: aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes… unha forma de violencia cara ás mulleres.

  • Sábado, 30 de novembro, na Casa da Cultura:

Celebrarase un taller de defensa persoal para mulleres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, con prazas limitadas a un mínimo de 7 participantes. As inscricións poden realizarse ata o 24 de novembro no Concello ou chamando ao teléfono 982 585 001 (ext. 6).

Estas accións forman parte do compromiso do Concello de Alfoz coa igualdade e coa erradicación de todas as formas de violencia machista, promovendo a concienciación social e o empoderamento das mulleres.

A programación está organizada polo Concello de Alfoz e conta coa colaboración da Xunta de Galicia – Consellería de Política Social e Igualdade, do Ministerio de Igualdade e do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...