A Mariña Patrimonio organiza unha xornada de bateo de ouro na Finca Galea (Alfoz) para o mércores 13 de agosto.
Tal como sinala desde Mariña Patrimonio, “a minería do ouro tivo un protagonismo moi destacado na historia da nosa terra, como o demostran o gran número de xoias atopadas e os numerosos vestixios de explotacións mineiras da época galaico-romana na comarca da Mariña”.
Mariña Patrimonio propón unha actividade para revivir estas prácticas ancestrais a través de dúas experiencias en vivo, nas que se poderá aprender técnicas tradicionais relacionadas coa procura de ouro e como facer lume, como se facía na antigüidade:
Bateo de ouro, con Francisco Canosa, xeólogo e recoñecido divulgador da xeoloxía galega, que nos iniciará na busca deste metal precioso a través de métodos tradicionais.
Lume ancestral, con Xacobe Fernández Casabella, quen ensinará como facer lume sen chisqueiros nin tecnoloxía moderna, utilizando materiais naturais e métodos empregados desde tempos prehistóricos.
Esta actividade realizarase o mércores, 13 de agosto de 16:00 a 19:00 h, e estará dividida en tres quendas:
- 1ª quenda: 16:00 – 17:00 h
- 2ª quenda: 17:00 – 18:00 h
- 3ª quenda: 18:00 – 19:00 h
