InicioCentralAlfozFesta dos Chóferes en Alfoz esta fin de semana

Festa dos Chóferes en Alfoz esta fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza un ano máis a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebrará esta fin de semana e conta co apoio da Xunta de Galicia. Hoxe presentaron a programación nun acto no que participou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias.

Os actos centrais terán lugar o domingo. Ás 11.00 horas comezará a procesión polas parroquias do municipio dos vehículos participantes, que posteriormente serán bendicidos; outorgaranse premios aos mellores de cada categoría.

O programa inclúe verbenas todas as noites desde o venres, e sesión vermú o sábado e o domingo. Haberá unha zona de acampada e carpa con mesas e toma de corrente eléctrica para os que queiran desfrutar alí dos tres días de festa.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...