InicioCentralAlfozRuta 'Polos camiños do Mariscal' en Alfoz

Ruta ‘Polos camiños do Mariscal’ en Alfoz

Durante o percorrido, falouse dos hábitats singulares do Xistral, como as turbeiras e os quierogais, ecosistemas de alto valor ecolóxico que fan desta serra un lugar único en Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O domingo día 15 tivo lugar a primeira saída do programa Polos Camiños do Mariscal, cunha andaina interpretativa que percorreu a Serra do Xistral desde a emblemática Pena Abaladoira ata a Fervenza do Escouridal. A actividade, organizada polo Concello de Alfoz e guiada por Ana de Guía tu día, congregou a persoas interesadas en descubrir a riqueza natural e cultural deste espazo privilexiado.

Durante o percorrido, falouse dos hábitats singulares do Xistral, como as turbeiras e os quierogais, ecosistemas de alto valor ecolóxico que fan desta serra un lugar único en Galicia. Tamén se puxo en valor a gandeiría extensiva, unha actividade tradicional que non só forma parte da identidade da comarca, senón que xoga un papel clave na conservación da biodiversidade.

A presenza do lobo ibérico e o seu impacto no equilibrio dos ecosistemas xerou un interesante diálogo, ao tempo que se explicou a xeoloxía que dá forma á paisaxe, con especial atención a lugares máxicos como a Pena Abaladoira e á Fervenza do Escouridal. As lendas locais, transmitidas de xeración en xeración, acompañaron o camiño e axudaron a conectar co patrimonio inmaterial da zona.

Estas visitas forman parte do programa Polos Camiños do Mariscal, unha iniciativa que busca promover un turismo sostible e dar a coñecer os valores naturais e culturais do municipio. Ademais, serven como antecedente e actividade previa ao Mercado Medieval, un evento consolidado que terá lugar o 18 e 19 de xullo e que tamén bebe da tradición, da historia e do patrimonio local.

próxima visita terá lugar o domingo 6 de xullo, cun novo percorrido que se anunciará proximamente.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...