InicioCentralAlfozAlfoz recibe unha subvención da Axencia de Turismo para mellorar a sinaléctica

Alfoz recibe unha subvención da Axencia de Turismo para mellorar a sinaléctica

A alcaldesa, Efigenia Maseda Paz, destacou que “esta subvención supón un paso importante para continuar traballando na promoción turística do noso concello, facendo máis accesible e visible a nosa riqueza patrimonial e paisaxística”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz vén de obter unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia destinada á mellora da sinalización turística do municipio. A axuda concédese ao abeiro da Resolución da Dirección de Turismo de Galicia do 7 de febreiro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 35 do 20 de febreiro), dentro do programa de subvencións dirixido a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

O proxecto presentado polo Concello, baixo o título “Melloras da sinalización turística do concello”, conta cun orzamento subvencionable de 30.007,01 euros. A Axencia de Turismo de Galicia concedeu unha subvención de 30.000 euros, o que supón o 100% do financiamento solicitado.

Esta actuación permitirá renovar e reforzar a sinalización de recursos turísticos en distintos puntos do municipio, co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas visitantes e poñer en valor o patrimonio natural, histórico e cultural de Alfoz.

A alcaldesa, Efigenia Maseda Paz, destacou que “esta subvención supón un paso importante para continuar traballando na promoción turística do noso concello, facendo máis accesible e visible a nosa riqueza patrimonial e paisaxística”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...