InicioCentralAlfozMellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e acondicionamento do parque principal do municipio, Parque Municipal Alcalde José Palmeiro, co obxectivo de ofrecer un espazo renovado e máis accesible para o lecer da veciñanza, así como no parque que se atopa no interior do recinto do colexio CEIP Plurilingüe Castro de Ouro.

As actuacións levadas a cabo incluíron a limpeza das rúas próximas ao parque, o peche con burladeiros de todas as rúas con acceso directo a unha estrada e a retirada de antigas papeleiras en mal estado, coa súa correspondente reposición. Tamén se levou a cabo a retirada de árbores enfermas e a substitución dos elementos de xogo infantil, mellorando ademais o chan destas áreas para aumentar a seguridade dos máis pequenos. Así mesmo, instalouse unha papeleira hixiénica para os residuos das mascotas.

Esta intervención responde a unha demanda dos veciños e busca facer do parque un espazo máis agradable, seguro e inclusivo para todas as idades. A remodelación tamén tivo en conta criterios de sustentabilidade, empregando materiais respectuosos co medio ambiente e fomentando a conservación da biodiversidade.

Proximamente repoñeranse os arbustos para completar o peche do parque, rematando coas melloras neste parque.

As intervencións no parque que está dentro do recinto do colexio incluíu a retirada e limpeza do solo existente e a reposición do danado, así como a limpeza e arranxo dos xogos infantís.

Ademais estudouse a casuística do parque da Feira do 13 e convocarase a unha reunión a asociación parroquial para acordar melloras.

O Concello de Alfoz agradece a colaboración da veciñanza nos meses nos que os parques estiveron en obras e convida a desfrutalos con uso responsable e cívico; querendo recordar que os parques son para uso e desfrute de toda a veciñanza e que debemos coidalos.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...