InicioCentralAlfozVía Alfoz realizará a súa ofrenda floral polo 8M na contorna do...

Vía Alfoz realizará a súa ofrenda floral polo 8M na contorna do Castelo do Castrodouro

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo do Día Internacional da Muller, VIA Alfoz organiza, un ano máis, a súa tradicional ofrenda floral. Un acto aberto á participación de toda a cidadanía, no que se quere render homenaxe ás mulleres de onte e de hoxe, así como reivindicar a necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Unha vez máis, como símbolo desta loita constante, depositaranse doce caraveis brancos, un por cada mes do ano, lembrando que a igualdade debe ser un compromiso continuo, non só unha reivindicación dun día. O branco destas flores representa a paz, un recordatorio de que a igualdade non debería ser unha batalla, senón unha realidade compartida por toda a sociedade.

Durante a ofrenda, reflexionarase sobre os avances acadados e os retos que aínda quedan por superar. O 8 de marzo non é só unha data conmemorativa, senón un chamamento á acción para erradicar as desigualdades que persisten: a fenda salarial, a dificultade de acceso a postos de responsabilidade, a precariedade laboral que afecta especialmente ás mulleres e a violencia de xénero, que continúa sendo unha das maiores inxustizas do noso tempo.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...