InicioCentralAlfozA II Edición de "Mulleres de Alfoz" servirá para conmemorar o 8M...

A II Edición de “Mulleres de Alfoz” servirá para conmemorar o 8M no concello

O Concello de Alfoz reitera o seu compromiso coa igualdade e con iniciativas que contribúan a poñer en valor o papel das mulleres do noso concello

Publicada o

- Advertisement -

Baixo o lema “Libres e iguais: cada día máis forte”, O Concello de Alfoz anuncia as actividades programadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Como mostra de apoio e recoñecemento á loita das mulleres pola igualdade, a Casa do Concello tinguirase de violeta durante esta xornada.

Ademais, dentro do compromiso do Concello coa visibilización do papel fundamental das mulleres na nosa sociedade, publicarase a segunda edición de “Mulleres de Alfoz”. Esta iniciativa, que tivo boa acollida na súa primeira edición, recolle a traxectoria de mulleres do noso municipio, destacando as súa vidas de esforzo, superación e traballo. Nesta nova edición, contarase coa representación dunha muller de cada parroquia, sumando un total de nove protagonistas. Todas elas comparten historias de vida marcadas pola dedicación e unha conciliación familiar e laboral realizada sen axudas públicas.

O Concello de Alfoz reitera o seu compromiso coa igualdade e con iniciativas que contribúan a poñer en valor o papel das mulleres do noso concello. Animamos á veciñanza a participar nesta conmemoración e a descubrir as historias inspiradoras das “Mulleres de Alfoz”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...