InicioCentralAlfozA alcaldesa de Alfoz reuniuse co xerente de Benestar para melloras nos...

A alcaldesa de Alfoz reuniuse co xerente de Benestar para melloras nos servizos municipais

Desde o Concello de Alfoz seguirase traballando para garantir a implementación destas melloras e facilitar a súa execución nos próximos meses, reforzando así o compromiso coa igualdade e o benestar da veciñanza

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, mantivo unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para tratar diversos asuntos relacionados coa mellora dos servizos municipais que afectan directamente á calidade de vida da veciñanza.

Entre os temas abordados destacaron as actuacións necesarias para mellorar as instalacións da Vivenda Comunitaria e da Escola Infantil “A Galiña Azul”, así como a problemática que afecta á prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo fundamental para apoiar ás persoas en situación de dependencia e ás súas familias.

A alcaldesa cualificou a reunión como “positiva e produtiva”, destacando o compromiso do Consorcio para estudar as necesidades do municipio e avanzar nas actuacións. “Foi unha reunión onde abordamos temas prioritarios para Alfoz. Confío en que este traballo conxunto permita mellorar os espazos e servizos destinados tanto á nosa infancia como ás persoas maiores que máis o precisan”, declarou Efigenia Maseda.

Desde o Concello de Alfoz seguirase traballando para garantir a implementación destas melloras e facilitar a súa execución nos próximos meses, reforzando así o compromiso coa igualdade e o benestar da veciñanza.

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...