InicioCentralAlfozExposición en Alfoz: "Á violencia de xénero dille...non"

Exposición en Alfoz: “Á violencia de xénero dille…non”

Desde o Concello de Alfoz anímase a toda a veciñanza a asistir á presentación e a visitar a exposición, xa que “este é un tema que debemos traballar durante todo o ano. É importante reflexionar sobre esta realidade despois do lamentable suceso acontecido na nosa comarca o pasado mes"

Publicada o

- Advertisement -

Castelo de Castrodouro converterase no escenario da exposición itinerante “Á violencia de xénero dille… Non!”, unha actividade organizada pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. Esta iniciativa está enmarcada no programa contra a Violencia de Xénero do Concello de Alfoz, que busca sensibilizar á poboación sobre esta problemática social.

A exposición abrirá mañá, 22 de xaneiro, ás 17:00 horas, cun acto inaugural no que estará presente o Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba. O evento pretende ser un punto de encontro para reflexionar sobre a importancia de erradicar esta lacra.

O Castelo de Castrodouro permanecerá aberto aos visitantes de xoves a sábado, en horario de 15 a 18:30 horas e os domingos de 10:30 a 14 e de 15 a 18:30 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 14 de febreiro.

Desde o Concello de Alfoz anímase a toda a veciñanza a asistir á presentación e a visitar a exposición, xa que “este é un tema que debemos traballar durante todo o ano. É importante reflexionar sobre esta realidade despois do lamentable suceso acontecido na nosa comarca o pasado mes. A implicación de todos e todas é fundamental para construír unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia” apuntan dende a Concellería de Igualdade.

Con esta iniciativa, o Concello de Alfoz reafirma o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero e co apoio ás vítimas, convidando a participar activamente neste tipo de accións de sensibilización.

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...