InicioCentralAlfozAlfoz, primeiro convidado no prestixioso foro de negocios BNI ACO Albatros de...

Alfoz, primeiro convidado no prestixioso foro de negocios BNI ACO Albatros de Ferrol

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz foi o primeiro invitado do ano no prestixioso foro de negocios BNI ACO Albatros da comarca de Ferrol. Esta organización profesional, recoñecida como líder mundial en recomendacións de negocio, congregou a 76 empresas de diversos sectores interesados en explorar novas oportunidades de colaboración e investimento.

Na sesión, Eliseo Lorenzo, concelleiro de Educación, Igualdade e Participación do Concello de Alfoz, presentou as singularidades e potencialidades do municipio. Durante a súa intervención, destacou a idoneidade de Alfoz como destino estratéxico para novos proxectos empresariais, describíndoo como un “refuxio climático” e salientando que “é o momento perfecto para investir en Alfoz”.

A presentación espertou un gran interese entre os asistentes, o que deu lugar a un frutífero intercambio de contactos e ideas. Varias empresas mostraron un especial interese en establecer futuras colaboracións co concello, abrindo a porta a novos proxectos e investimentos.

“Participar nesta sesión de BNI ACO Albatros foi unha oportunidade excepcional para dar a coñecer o potencial do noso concello. A valoración da xornada non pode ser máis positiva, xa que conseguimos captar o interese de importantes empresas que poden contribuír ao desenvolvemento de Alfoz”, sinalou Eliseo Lorenzo ao rematar o evento.

O Concello de Alfoz reafírmase no seu compromiso de fomentar o desenvolvemento económico e social, promovendo a súa visión como un municipio innovador e atractivo para o investimento e a calidade de vida.

ÚLTIMAS

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...

Ribadeo inicia as obras de mellora na Rúa Reinante cun orzamento 90.000 euros

Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP...