InicioCentralAlfozVolve o Mercado de Nadal ao concello de Alfoz

Volve o Mercado de Nadal ao concello de Alfoz

Publicada o

- Advertisement -

O próximo venres 6 de decembro regresa o Mercado de Nadal ao concello de Alfoz. Por segundo ano, está organizado pola Asociación Veciñal de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.

Será no Atrio de San Pedro e contará cunha gran carpa climatizada con diversos postos de comida, doces, adornos, bisutería e regalos.

Ademais haberá o obradoiro “Crea o teu adorno de nadal”. Gratuíto e para os máis pequenos da casa. Terá dous horarios, ás 12h e ás 17h.

Ás 18:30h será o acendido das luces a cargo da Asociación Veciñal de Mor e a continuación a actuación do Coro de Mondoñedo.

Tamén haberá sorteos.

Tralo éxito da pasada edición, dende a organización convidan a veciños e visitantes a achegarse e gozar do Mercado

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...