InicioCentralAlfozAlfoz certifica as obras da cuberta da pista municipal de pádel

Alfoz certifica as obras da cuberta da pista municipal de pádel

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz informa que recentemente foi certificada a obra da cuberta da pista de pádel municipal, cun investimento de 96.899,15 €. Esta actuación levouse a cabo grazas ao convenio interadministrativo entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz, dentro do marco das actuacións previstas para a anualidade de 2023, que inclúen a “cuberta da pista de pádel (con honorarios) e mobiliario da vivenda social en Lagoa”.

A partir de hoxe, a pista de pádel municipal queda aberta para todos os usuarios que desexen facer uso dela. Con esta mellora, seguimos a traballar para ofrecer instalacións deportivas de calidade, fomentando o deporte e o lecer no noso municipio.

Dende a Concellería de Deportes destacan a importancia desta actuación para o fomento do deporte en Alfoz: “Esta mellora na infraestrutura permitirá aos veciños e veciñas gozar dun deporte en auxe como é o pádel, nunhas condicións óptimas durante todo o ano. A prioridade do Concello de Alfoz é mellorar as instalacións deportivas e seguir apostando por actividades que promovan un estilo de vida saudable. O noso compromiso é seguir traballando para ofrecer á veciñanza espazos modernos e adaptados ás súas necesidades”.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...