InicioCentralAlfozO Concello de Alfoz revisa os horarios do SAF para garantir unha...

O Concello de Alfoz revisa os horarios do SAF para garantir unha atención personalizada

A alcaldesa, Efigenia Maseda, tamén anunciou que o vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar o "XXX Festival da Terceira Idade"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz revisou todos os expedientes dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de libre concorrencia. Segundo o Concello, este proceso permitiu axustar as horas de atención de forma equitativa, “adaptándose ás necesidades reais de cada usuario, mellorando a eficiencia do servizo e garantindo unha atención máis personalizada”.


A alcaldesa Efigenia Maseda, que ten asumidas as competencias dos servizos sociais municipais, explicou que este traballo é fundamental para asegurar que os veciños reciben o servizo que precisan. “A nosa responsabilidade é ofrecer un servizo máis eficiente e de maior calidade. Coa revisión dos expedientes, aseguramos que os usuarios reciben a atención que realmente necesitan, diminuíndo as listas de agarda e mellorando a cobertura”, afirmou Maseda. Esta medida enmárcase dentro do compromiso de optimizar os servizos sociais para garantir o benestar dun dos sectores máis vulnerables da poboación, as persoas os maiores.


Un dos elementos clave nesta mellora foi o incremento das horas de traballo das auxiliares do SAF, que agora traballan a xornada completa. Isto permitiu ampliar a capacidade de atención do servizo, permitindo tamén incorporar novos usuarios que antes estaban na lista de agarda. “Este é un dos compromisos que presentamos no noso programa de goberno e que estamos cumprindo durante esta lexislatura, seguindo a nosa folla de ruta para mellorar a vida dos veciños e veciñas de Alfoz”, engadiu a alcaldesa, quen indica que “ademais, estanse a realizar os trámites oportunos para solicitarlle á Xunta aumento de horas para dependencia”.


Con este avance, o Concello de Alfoz non só incrementa o número de horas dispoñibles para o SAF, senón que asegura un servizo máis xusto e eficiente. Esta reestruturación do servizo fai posible que os usuarios teñan acceso á atención que realmente necesitan, ao mesmo tempo que se optimizan os recursos dispoñibles.


Efigenia Maseda informou destas medidas tomadas desde a alcaldía na última reunión da Dirección Executiva de VIA Alfoz, “reafirmando o seu compromiso de seguir traballando para que o SAF e outros servizos sociais sigan avanzando cara a unha atención máis eficiente, equitativa e adaptada ás necesidades reais dos seus usuarios”, indican desde a Executiva. Esta medida reforza o compromiso coa mellora continua da calidade de vida dos veciños e veciñas de Alfoz, unha das principais prioridades da administración local.

ANUNCIO DO XXX FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE
A alcaldesa tamén anunciou que o vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar o “XXX Festival da Terceira Idade”. O evento é gratuíto está organizado para todas as persoas maiores de 65 anos ou pensionistas empadroadas no Concello de Alfoz, quen poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.


Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor, seguida dunha comida de confraternidade no Pavillón Municipal de Alfoz. Durante a súa intervención, a alcaldesa Efigenia Maceda quixo destacar o valor do traballo realizado polos maiores do concello ao longo da súa vida, “este festival é unha oportunidade para recoñecer e agradecer a contribución dos nosos maiores ao desenvolvemento de Alfoz. Eles son un pilar fundamental da nosa sociedade, e este evento é unha pequena mostra de gratitude polo seu esforzo”, sinalou.


As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello ata o vindeiro venres, 4 de outubro de 2024.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...