InicioCentralAlfozA ANPA do CEIP Castro de Ouro concéntrase por terceira vez para...

A ANPA do CEIP Castro de Ouro concéntrase por terceira vez para pedir recursos para o centro

Publicada o

- Advertisement -

A ANPA DO CEIP Plurilingüe Castro de Ouro concentrouse esta mañá, ás 9:30 horas por terceira por terceceira vez en protesta polas condicións educativas que están a afectar ao alumnado do centro. Pais, nais, alumnado e membros da comunidade educativa, xunto con veciños e representantes políticos, reuníronse ás portas do colexio para esixir solucións inmediatas por parte da Xunta de Galicia.

Durante o acto, leuse un manifesto no que se denunciaron os problemas que está padecendo o centro, entre os cales destaca o exceso de alumnos nun dos agrupamentos. En concreto, a aula de 1º, 2º e 3º de Primaria conta con 15 alumnos, cando o acordo asinado entre a Xunta e as centrais sindicais ANPE, CCOO e UGT, e publicada no DOG de 17 de xaneiro de 2024, estipula que o máximo permitido para ese tipo de agrupamento é de 12 estudantes. Desde a ANPA indican que este incumprimento da normativa está a poñer en risco a calidade educativa, “xa que o profesorado non pode ofrecer a atención individualizada que cada neno ou nena, de diferente ciclo, precisa para o seu pleno desenvolvemento académico”.

Ademais, outra das demandas clave expostas no manifesto foi a falta dun especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT), cuxa ausencia está a deixar sen o apoio necesario aos alumnos con necesidades educativas especiais, vulnerando os seus dereitos.

A ANPA esixe a creación dunha nova unidade en Educación Primaria, que permita reducir o número de alumnos por aula e garantir unha educación adaptada ás necesidades de cada ciclo, así como a reposición inmediata da praza de especialista en Pedagoxía Terapéutica para ofrecer o apoio adecuado aos alumnos con dificultades.

Os participantes na concentración subliñaron que a educación no CEIP Plurilingüe Castro de Ouro está sendo claramente prexudicada pola falta de recursos e o incumprimento dos acordos establecidos por parte da Xunta, o que afecta directamente ao desenvolvemento académico e persoal do alumnado. Desde a ANPA insisten, “non estamos pedindo nada extraordinario, só que se atendan os informes enviados pola dirección do centro e se cumpran os acordos, como se está a facer noutros colexios, e que inxustamente non se respectan no noso centro”.

“Non podemos permitir que os nosos fillos sexan os prexudicados por unha mala xestión da Xunta. A educación é un dereito fundamental e seguiremos loitando para que se respecte no noso colexio“, sinalaron os organizadores.

A pasada semana enviaranse sendas cartas Alfonso Rueda, Presidente da Xunta, a Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, “non recivindo ningunha resposta”. Ante a pasividade da administración, estase a preparar unha concentración en Santiago para a vindeira semana, “no caso de que non se reciba nos próximos días unha resposta por parte da Xunta” .

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro amosou a súa unidade e firmeza na defensa do ensino de calidade e deixou claro que, se non se atende a estas reivindicacións, as concentracións e protestas continuarán.

O BNG TRASLADARÁ A SITUACIÓN AO PARLAMENTO

Desde o BNG trasladan o seu apoio a estas reivindicacións de pais e nais e de toda a comunidade educativa escenificadas coas concentracións que realizan os luns ás portas do colexio, e ás que vén asistindo o deputado mariñao Daniel Castro, que no día de hoxe anunciou que serán tratadas próximamente no Parlamento as iniciativas ao respecto desta problemática presentou e rexistrou días atrás, despois de que nais e pais lle trasladaran a situación que se está a vivir no colexio.

Así, debaterase a proposición non de lei presentada polo deputado e na que se pide non levar a cabo os agrupamentos do alumnado de diferentes ciclos educativos no Ceip Castro de Ouro ao contar este con alumnado suficiente segundo os acordos asinados. Na mesma proposta ínstase tamén á Xunta a recuperar a praza de pedagoxía terapéutica.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...