InicioCentralAlfozNova concentración diante do CEIP Castro de Ouro de Alfoz para que...

Nova concentración diante do CEIP Castro de Ouro de Alfoz para que se cambien os agrupamentos actuais

Publicada o

- Advertisement -

Pais e nais da ANPA do CEIP Castro de Ouro concentráronse este luns diante do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro, organizada pola ANPA do centro, coa participación de pais, nais, alumnado, membros da comunidade educativa.

Nela tamén participaron veciños e veciñas de Alfoz e concellos limítrofes, así como representantes políticos e sindicais. esta protesta, convocada para esixir o cumprimento do Acordo de agrupamentos a reposición da especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT), súmase ás mobilizacións que levan sucedéndose desde o inicio do curso en defensa dos dereitos do alumnado.

Durante o acto, leuse un manifesto no que a comunidade educativa denunciou a inxusta situación que atravesa o colexio, marcada pola vulneración dos acordos que regulan os agrupamentos de alumnos e a falta de recursos esenciais para garantir unha educación de calidade. O manifesto subliñou dous puntos clave que veñen reclamando sen resolución por parte da administración:

1. A necesidade de crear unha unidade adicional en Educación Primaria, dado que o agrupamento actual de 1º, 2º e 3º de Primaria supera o número máximo de 12 alumnos, establecido no acordo asinado e publicado no Diario Oficial de Galicia en xaneiro de 2024.

2. A reposición inmediata dun especialista en Pedagoxía Terapéutica, fundamental para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais, que hoxe non está a recibir o apoio que precisa.

Segundo explicou a ANPA, “vivimos unha situación inxusta. Non só se están a vulnerar os dereitos dos nosos fillos, senón que tamén se está poñendo en risco o seu desenvolvemento académico e persoal. Non podemos seguir permitindo que se xogue co futuro dos nenos e nenas”, e engaden, “non estamos a pedir privilexios, só pedimos que se respecte o acordado e que se dote ao noso centro dos recursos que lle corresponden segundo os acordos asinados. Ademais, non ter un especialista en Pedagoxía Terapéutica é inaceptable, sobre todo cando temos nenos que necesitan ese apoio.”

As familias destacaron a importancia de actuar con urxencia para garantir o futuro educativo dos seusfillos e fillas e aseguraron que, de non recibir unha resposta adecuada, manterán as súas mobilizacións ata que as súas reivindicacións sexan atendidas. No manifesto, fíxose fincapé na necesidade de que a Xunta de Galicia demostre o seu compromiso co rural mediante accións concretas que garantan servizos de calidade para evitar o despoboamento da zona.

Ademais deste acto reivindicativo, a ANPA ven de enviar sendas cartas explicando a situación a Alfonso Rueda, Presidente da Xunta, e a Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, “solicitando que se revise a actual situación do centro e nos informen dos pasos que a Consellería vai tomar para resolver as nosas demandas”. Así mesmo, tamén fou remitida unha carta á Valedora do Pobo, “solicitanto o seu amparo e intervención para garantir que o noso

BNG

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar varias iniciativas no Parlamento galego para evitar que a Xunta do Partido Popular agrupe ao alumnado de diferentes ciclos educativos do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz, ao contar este co alumnado suficiente segundo os acordos asinados.

O deputado Daniel Castro salientou que ante esta diminución da calidade educativa e ao ver como a Xunta de Galiza desoe de maneira deliberada as peticións dos e das afectadas “faise necesario que o goberno galego resolva estas eivas de xeito inmediato”.

Por esta razón, o BNG ve inxusta esta situación xa que o propio acordo de agrupamentos indicaba que “se podería agrupar o alumnado de primaria pertencente a distinto ciclo nunha mesma unidade cando o número sexa igual ou inferior a 12” sinalou Castro. Pola contra, no CEIP Plurilingüe Castro de Ouro contan con 15 alumnos nun dos agrupamentos.

Ademais é necesario avaliar unha variable máis, porque hai outro agrupamento no que xustamente hai 12 estudantes, polo que se ten que estudar se algún deles ten necesidades específicas de apoio educativo, un feito que modificaría o ratio. “Todo isto agravado pola decisión da Xunta do PP de eliminar a única especialista en Pedagoxía Terapéutica coa que contaba o centro” apuntou.

Alén disto, o deputado nacionalista salientou que ao ser un centro situado nun concello rural, “fai máis difícil de entender que a Xunta de Galiza non teña nin a máis mínima intención de favorecer o asentamento de familias no rural galego”, introducindo medidas que provocan o efecto contrario.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...